SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA 2014
O xoves, 14 de novembro de 2013, publicáronse as convocatorias de axudas da Deputación Provincial, para entidades.
Este ano unicamente poderán cubrirse telemáticamente a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/acceso/login , para todas as fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación, incluíndo en cada unha delas, as notificacións, requirimentos de información e documentación e envíos de documentación. Serás imprescindibles dous requisitos para esta tramitación:
1.- Certificado dixital ou DNI electrónico. Deberán dispor:
- a persoa que ocupe a Presidencia da entidade
- a persoa que ocupe a Secretaría da entidade
- a persoa que represente á entidade ante a Deputación (se é distinta das dúas anteriores).
2.- Correo electrónico. A entidade deberá dispor dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 20 de decembro ás 14.00 horas.
Máis información en www.dicoruna.es/subvencions/2014 ou na Concellaría de Cultura do Concello da Baña, concertando unha cita nos teléfonos 607 577 419 ou 981 886 501, ext. 2, Cultura.