Autor: | John Boyne | |
Título: | O neno do pixama a raias | |
Data de lectura: |
Marzo de 2012 |
|
Resumo: |
“A pedimento do autor, non podemos contarche o miolo deste libro. Porén, queremos avisarche de que lerás a historia dun neno de 9 anos, que se atopará cun aramado. No mundo hai milleiros de aramados coma este. Agardamos que ti nunca te atopes con ningún e que, se o fas, teñas forzas para librarte del.” (Narrativa K) |
|
Autor: | M.ª Xosé Queizán | |
Título: | Ten o seu punto a fresca rosa | |
Data de lectura: |
Marzo de 2012 |
|
Resumo: |
(Edicións Xerais de Galicia) |
|
Autor: | Xavier López Rodríguez | |
Título: | O aliado inesperado | |
Data de lectura: |
Marzo de 2012 |
|
Resumo: |
“Os principais protagonistas de O aliado inesperado son un lobo ferido por un lazo de aceiro e un home ferido pola vida. Na novela desenvólvese unha insólita alianza contra a soidade e o medo, nunha illada aldea da montaña. A través dos recordos do home protagonista, que é o último habitante do seu pequeño mundo, Xavier López Rodríguez conta historias de tempos en que a looita contra os lobos se disfrazaba de necesidade para caer en ritos ateigados de crueldade, e outras máis actuais pero non menos inquietantes. A novela invita a reflexionar sobre as razóns polas que moitas aldeas acaban desertas, só cheas de espazo e silencio, precisamente dous dos bens que máis botan en falta moitos residentes nas grandes cidades.” (Alfaguara) |
Na próxima sesión que será o 11 de abril de 2012 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre os libros e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).