ANUNCIO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DA BAÑA

CURSO DE LINGUA GALEGA (CELGA 3)

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña vai organizar un curso de lingua galega (Celga 3) para persoas adultas de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2012 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2012 (ED104B) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Inscrición

Todas as persoas interesadas poden inscribirse e informarse nos teléfonos do Concello 981 886 501 e 607 153 604 no SNL ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do 27 de xaneiro en horario de oficina.

Admisión e prazas

O curso ten un límite de 30 prazas.

As solicitudes serán admitidas por orde de inscrición.

Para poder solicitar o curso, é necesario un mínimo de 20 persoas preinscritas.