O Concello da Baña, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, vai iniciar a campaña solidaria “Una sonrisa para Aitana”.

A devandita campaña consiste na recollida de tapóns de plástico de calquera tipo co fin de recadar fondos para poder operar a pequena de 9 anos de Tarazona (Zaragoza). Aitana naceu cunha cardiopatía conxénita, atresia pulmonar sen tronco pulmonar con colaterais.civ, comunicación interventricular e fisura palatina. A única solución que lle propón o persoal médico é un dobre transplante de corazón e pulmón, unha operación moi complicada que cre posible o doutor Pedro del Nido do Children´s Hospital de Boston.

O Concello da Baña únese a esta campaña solidaria facilitando a recollida de tapóns de plástico tanto na casa do concello (departamento de Servizos Sociais), coma no Centro Social e da Terceira Idade. A Alcaldía anima a veciñanza da Baña a axudar nesta boa causa solidaria.

Máis información na páxina www.unasonrisaparaaitana.org ou a través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Ficheiros: 

campana_20solidaria_1_.pdf