Autor: Eric-Emmanuel Schmitt
Título: O señor Ibrahim e as flores do Corán
Data de lectura:

xuño de 2011

Resumo:

“Momo é un adolescente xudeu, desorientado, e orfo do agarimo dos seus pais. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola experiencia dos anos.

Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, traban unha entrañable amizade que transcende as súas respectivas crenzas. Un achega vitalidade, o outro sabedoría...

Máis que unha novela, O señor Ibrahim e as flores do Corán é un texto iniciático que apela ao multiculturalismo, á tolerancia e ao entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e fortifica a nosa confianza na especie humana.

Un relato sinxelo e áxil que nos abre a porta á esperanza sobre o futuro do mundo en que vivimos.”

(Editorial Narrativa K)

   

Na próxima sesión que será o 6 de xullo de 2011 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).