O alumnado de secundaria do CPI San Vicente, con motivo do día dos namorados, está creando SMS amorosos nas clases de lingua galega para participar na actividade Declárate cun SMS amoroso que lle oferta o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña.

Será o mesmo alumnado o que seleccionará os tres mellores. Os/As que resulten agraciados/as recibirán cadanseu bolígrafo para que non deixen de declararse durante o resto do ano.

Marcos Manteiga de El Correo Gallego recolle esta proposta de normalización o xoves, 3 de febreiro de 2011 na edición de Santiago.

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/alumnos-baneses-compiten-san-valentin-via-sms/idEdicion-2011-02-03/idNoticia-636039/

O alumnado do CPI San Vicente escolleu como mellores os seguintes SMS:

Lidia Paramos Torreira: " O teu sorriso namórame día a día , noite a noite, momento a momento, porque o teu sorriso consegue todo de min.

 Nuria Rodríguez Gómez: " As vintecatro horas do día eu pásoas así: 9 soñando contigo e 15 pensando en ti"

Nerea Mayo Paredes: " Quererasme? Non o sei. Pregúntocho? Non me atrevo. Por que? Non o sei. Quererasme? Pregúntomo todas as noites. Pensarás o mesmo? Quen sabe? Quérote".

E elixiu como finalistas a Manuel Rey Trillo:" Miña nena, cando estou contigo pásame a dor de cabeza. . Es a mellor!"

 e a Noelia Ferreiro Vieito: " Ola amor, non fago máis que pensar en ti. Cada hora que paso sen ti fáiseme o día noite. Oxalá puidesemos pasar o resto das nosas vidas xuntos. Quérote"

Ficheiros: 

Declarate_cun_SMS_amoroso.pdf