Todas as persoas que visiten a exposiciónNovoneyra desde A Baña na Casa de Cultura, en horario de 17.00 a 20.00 h, poderán ver as ilustracións de poemas de Novoneyra que realizaron os alumnos e as alumnas do CPI San Vicente e da EEI de Lañas así como escoitalos/las recitar poemas.

Ao mesmo tempo, poden aproveitar para ver unha selección de fotos da Ruta literaria na que participou o alumnado do CPI San Vicente o pasado 13 de maio.