O SNL do Concello da Baña solicitoulle un curso CELGA 4 á Secretaria Xeral de Política Lingüística e envioulle a listaxe de persoas preinscritas por orde de inscrición.
A listaxe está composta por persoas que se anotaron no Concello da Baña e no Concello de Negreira. Aquelas persoas que se inscribiron no Celga 3 irán incluídas na listaxe do Concello de Negreira.
O curso realizarase na aula de cantaría das Escolas Vellas en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a xoves sempre e cando a Secretaría Xeral o conceda.
Ficheiros: