ANUNCIO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DA BAÑA

CURSOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Baña vaille solicitar un curso de lingua galega (CELGA) á Secretaría Xeral de Política Lingüística para persoas adultas.

 

Inscrición

Todas as persoas interesadas poden inscribirse e informarse no teléfono do Concello 981 886 501 no SNL ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do 15 de febreiro en horario de oficina.

 

Admisión e prazas

O curso ten un límite de 35 prazas.

As solicitudes serán admitidas por orde de inscrición.

A listaxe de persoas admitidas e excluídas poderán consultala a partir do 15 de febreiro no taboleiro de anuncios do Concello ou na páxina web www.concellodeabana.es .

 

A Baña, 14 de decembro de 2009

O alcalde

José Andrés García Cardeso