imprimir
Categoría: Principal
Visitas: 3064

Patinaxe artística, xadrez, tiro con arco e kárate son as novidades que ofrecen as Escolas Deportivas Municipais do Concello da Baña para o curso 2019-2020, que se desenvolverán no polideportivo municipal e no ximnasio do colexio público. Dende a Concellaría de Deportes preténdese facer fincapé nun obxectivo prioritario: ampliar a oferta de actividade fisica e deportiva, xuntando a todos os colectivos en actividades que acheguen a convivencia, o lecer e a actividade física.

 

Actividades previstas

  • Patinaxe artística
  • Tenis de mesa
  • Fútbol sala
  • Baloncesto
  • Baile moderno
  • Pilates
  • Tiro con arco
  • Xadrez
  • Kárate

As actividades darán comezo o 23 de setembro de 2019 e os interesados deberán inscribirse no Concello da Baña entre o 16 e 20 de setembro entregando a ficha de inscrición e a domiciliación da cota presencialmetne nas dependencias municipais ou a través da sede electrónica (neste enlace).

 

Prezos

 

As tarifas estipuladas son para a tempada completa (todo o curso académico), aínda que o pago farase de xeito fraccionado en tres prazos: outubro, xaneiro e abril.

Os prezos fixados son os seguintes:

Individual:

  • 60 € unha actividade
  • 90 € dúas ou máis actividades

Familiar:

  • Dous membros da mesma unidade familiar:
    • 99 € cunha actividade cada un
    • 132 € cun dos membros en dúas ou máis activiades
  • Tres ou máis membros da mesma unidade familiar:
    • 120 € cunha actividade cada un
    • 150 € cun dos membros en dúas ou máis actividades

Podes consultar toda a información nos seguintes enlaces:

 

Obxectivos xerais destas escolas

  • Fomentar a actividade física e deportiva, facendo especial fincapé en aspectos como a participación e a diversión do alumnado.
  • Favorecer a maduración e o desenvolvemento biolóxico, psicolóxico e social dos nenos e nenas.
  • Desenvolver a capacidade de tomar decisións individuais e colectivas con relación á execución motriz, de acordo coa observación e percepción do xogo e a súa relación cos diversos obxectivos que hai que cumprir.
  • Favorecer o desenvolvemento da actividade física como medio para manter a saúde e a interacción social.
  • Fomentar que os nenos e nenas se relacionen cos demais e aprendan a respectar as normas.
  • Posibilitar o desenvolvemento de actitudes positivas cara ao propio corpo e ás súas manifestacións lúdicas, artísticas e deportivas.
  • Potenciar os valores educativos e formativos do deporte: compañeirismo, convivencia, esforzo, deportividade, respecto, superación, autoestima, traballo en equipo, etc.
  • Desenvolver as capacidades e habilidades instrumentais que perfeccionen e aumenten as posibilidades de movemento do alumnado.
  • Aceptar os demais, recoñecendo o feito de gañar ou perder como elementos propios do xogo.
  • Adquirir dominios técnicos, tácticos e xestuais propios de cada deporte.
  • Utilizar a práctica psico-deportiva como un elemento de primeira orde para a formación integral do/a neno/a e o desenvolvemento da súa personalidade.

Inicio das actividades

A data de inicio será o luns 23 de setembro de 2019 e o remate está previsto a finais do mes de maio de 2020.


 20190913 horarios escolas deportivas nova